22.3.08

Morre unha muller apuñalada en Jijona

O home detido por, presuntamente, matar cun arma branca á súa parella nun domicilio de Jijona tiña unha orde de afastamento, a pesar do cal parece ser que nos últimos tempos convivía coa vítima, segundo informou a Efe a subdelegada do Goberno, Encarna Llinares.
Segundo a subdelegada, os veciños relataron aos axentes da Garda Civil que ambos vivían xuntos a pesar da orde de afastamento, e que se trata dun matrimonio.
Llinares indicou que a vítima presentaba dúas navalladas no tórax «cerca do corazón» e que o marido, de 50 anos e nacionalidade española, do mesmo xeito que a falecida, atópase nestes momentos nos calabozos do cuartel do instituto armado de Jijona, que se fixo cargo da investigación.
Os feitos ocorreron esta mañá antes das 08.00 horas nun domicilio da rúa Virxe do Pilar en circunstancias non aclaradas e, unha vez alertados os servizos de urxencias, un médico do centro de saúde de Jijona só puido certificar a morte da muller, de 42 anos.
Llinares cualificou de «terrible» que o home incumprise a orde de afastamento e sinalou que non había constancia de que a muller denunciase esta situación.
Por iso subliñou que este tipo de mandamentos xudiciais están «para cumprilos», posto que contribúen a loitar contra esta «secuela social».
A subdelegada fixo estas declaracións no hospital comarcal de Villajoyosa, onde acudiu xunto ao director xeral da Policía Nacional e a Garda Civil, Joan Mesquida, a visitar a un policía que resultou ferido esta madrugada en Benidorm ao ser disparado por dous delincuentes.
A morte desta muller eleva a dezaoito o número de mulleres falecidas por violencia machista en España no que vai de ano, segundo a Delegación do Goberno de Violencia sobre a Muller.
En investigación atópanse tres casos máis: un rexistrado en Salt (Xirona), outro en Adeje (Tenerife) e un terceiro en Tarragona.
Madrid e a Comunitat Valenciana son as comunidades máis tráxicas en canto a violencia machista refírese, ao acumular cada unha catro vítimas mortais, seguidas de Andalucía, con tres.
Dúas mulleres morreron en Castela-León e unha en cada unha das comunidades de Cataluña, Navarra, Murcia, Galicia e Castela-A Mancha.
Sete das vítimas faleceron en xaneiro, outras sete en febreiro e catro no que levamos de marzo.

21.2.08

Machismo e mercado de trabalho

No mercado de trabalho actual existem essencialmente três desigualdades entre homens e mulheres:

- A segregação ocupacional.
- A feminização da mão-de-obra a tempo parcial.
- A disparidade ao nível das remunerações.

Em 2002, no sector primário, um homem auferia em Portugal um rendimento médio mensal de €609 e uma mulher €487. No sector secundário, respectivamente, €783 e €591. No terciário, €1023 e €745 (dados: INE). Para ser vítima desse direito natural não é necessário que uma mulher seja mãe, basta ser mulher. Mas a maternidade piora claramente a sua situação.À maternidade está associada a discriminação das mulheres (i) na contratação, (ii) na obtenção de um vínculo mais estável e (iii) na progressão da carreira, agravando-se em todas as circunstâncias a sua dupla jornada de trabalho casa-emprego.

A Ana Margarida Craveiro, evidentemente, tem toda a razão. O João Miranda, porém, acha que deve ser oficializado o tratamento privilegiado que já existe para os homens nas empresas. A não existência de um tratamento privilegiado para a maternidade consagra isso mesmo.

31.1.08

Violencia de xénero en Cangas

Un home de 67 anos cuxas iniciais son A.Ou.L. estrangulou á súa muller, C.F.M. de 61, no seu domicilio de Cangas (Pontevedra) e despois chamou á Garda Civil para comunicarlle que a matou. Ésta é a primeira vítima mortal por violencia machista no que vai de ano en Galicia e a oitava en España, informan fontes da subdelegación do Goberno na Coruña. A muller non presentara ningunha denuncia por malos tratos.
Fuentes da investigación informaron de que o presunto agresor, sen antecedentes penais, permanece na Comandancia da Garda Civil de Cangas, e está previsto que mañá pase a disposición xudicial, precisou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O suceso produciuse sobre as 09:30 horas na Avenida de Ourense número 1, onde desprazáronse efectivos sanitarios que confirmaron o falecemento da muller, cuxo cadáver foi trasladado ao Hospital Nicolás Peña de Vigo, para practicarlle a autopsia.
O matrimonio ten dous fillos que xa non residen neste domicilio e que recibirán axudas de Vicepresidencia da Xunta, que convocou para mañá ao mediodía concentracións ante as súas delegacións en repulsa deste suceso.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, comunicou a «preocupación» do Executivo ante a existencia de casos de violencia machista sen denuncias previas, e por iso insistiu en que «sempre que hai denuncia, a persoa é protegible».
Fernández fixo un chamamento a veciños e familiares para que cando coñezan un caso deste tipo na súa contorna póñano en coñecemento das autoridades pertinentes.
Tamén o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, apostou hoxe por «non baixar a garda e traballar con máis intensidade» na prevención da violencia machista, e insistiu en que cada caso de agresión constitúe «un fracaso».
«Non nos queda máis que non baixar a garda pisando máis o acelerador, se cabe, e traballando todos nesa dirección», afirmou.
En opinión da secretaria de Igualdade da Xunta, Carme Adán, a morte desta muller é «posiblemente» resultado de «unha situación larvada durante anos e levada en silencio, xa que non había denuncia».
Por iso, uniuse ao chamamento do subdelegado do Goberno en Pontevedra ao considerar que é «o momento de facer un chamamento a todas as mulleres en situacións así para que acudan aos profesionais sanitarios, policiais, xudiciais e municipais, e recordarlles que teñen todo o noso apoio».
Ademais, PP, PSOE e o BNG expresaron o seu máis rotunda condena por este suceso e fixeron un chamamento á unidade política e social para acabar con esta secuela.

19.12.07

Adestradora de Galiza

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e máis o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana, presentaron na tarde da sexta feira a Pili Neira como adestradora do combinado nacional feminino de fútbol que se estreará en Balaídos o 27 de decembro.
A Galiza das mulleres: "un feito histórico"A creación da Selección Nacional Feminina é, segundo palabras de Marta Souto, "un feito histórico que hoxe coñece o nome da súa primeira seleccionadora".
Durante a presentación, Souto gabou a traxectoria de Pilar Neira (quen destaca no balonmán e máis no fútbol) e destacou que "a selección feminina nacional vén a dar pasos firmes neste camiño que estamos percorrendo cara a igualdade no deporte, poñendo en valor o traballo de moitos equipos femininos e de moitas persoas que fan posible que hoxe o fútbol feminino teña un lugar e unha hora".
Pili Neira, emocionada
Na súa emocionada intervención na rolda de prensa, a seleccionadora do fútbol feminino nacional manifestou sentirse "en débeda coa Dirección Xeral para o Deporte e coa Federación de Fútbol" por tela escollido para desenvolver este primeiro proxecto histórico, mais asegurou que "vou dar de min todo o que poida para que saia o mellor posible".
Unha longa experiencia
Pilar Neira ten no seu haber dous campionatos de España como xogadora de fútbol nas filas do Karbo, onde xogou dende a tempada 76-77 ata a 81-82. Tamén co Karbo, Neira participou en dous torneos Cinco Nacións, acadando o subcampionato en Orleáns (Francia). Mais un dos momentos que lembra con maior cariño a nova seleccionadora é o Campionato de España de seleccións territoriais que gañou con Galiza na tempada 84-85 xogando no Camp Nou.
Despois da súa traxectoria como xogadora de fútbol, Pilar Neira incorporouse ao mundo do balonmán, onde xogou dende o 78 até o 92, no Español de Santa Lucía -en división de honor en 1ª nacional-, e posteriormente no Balonmán Coruña, onde despois desempeñou tamén o cargo de delegada de campo.
A súa traxectoria como adestradora vén marcada por ser unha das catro primeiras mulleres do Estado que obtivo o título para adestrar, no ano 80. Pouco despois adestraría ao Orzán, Imperator, Capela Fútbol Sala, Breogán Fútbol Sala e Riazor Fútbol Sala, ata a tempada 2001-2002, acumulando no seu palmarés tres campionatos de España e catro campionatos galegos.
Na actualidade, Pilar Neira é vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán e adestradora do equipo feminino de fútbol do Orzán.
(Artigo obtido de Vieiros)

16.12.07

Un garda civil mata dun tiro na cabeza á súa ex parella en Cambados

J.M.S., de 34 anos, axente da Garda Civil destinado na localidade pontevedresa de Cambados, matou esta mañá dun tiro na cabeza á súa ex compañeira sentimental, segundo informou o Ministerio do Interior nun comunicado. O suceso produciuse pouco antes das sete da mañá de hoxe.
A vítima acudira ás dependencias do cuartel de Cambados para presentar unha denuncia contra a súa ex compañeiro por ameazas e acoso. O axente, que se atopaba de servizo, intentou disuadir á muller para que desistise da súa intención, e ao non conseguilo subiu á súa vivenda, situada no mesmo cuartel, e regresou momentos despois coa súa arma regulamentaria coa que, sen mediar palabra, disparou contra a súa vítima.
A muller recibiu un disparo na fronte e faleceu no acto nas mesmas dependencias do cuartel, sen que os servizos médicos desprazados puidesen facer nada para salvarlle a vida. O garda civil atópase detido na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, pendente de ser posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados.

12.12.07

25 de novembro, Dia contra a violéncia de xénero


5 mulleres mortas na Galiza, por violencia de xénero no que vai de ano, 67 no Estado Español. Cada 18 segundos unha muller é maltratada no mundo.

Ti suma e segue coa túa vida: só estamos a falar de cifras. É incrível pero, ultimamente parece que detrás de cada un destes números non hai unha persoa, non hai unha bágoa, non hai un aloumiño, non hai unha dor, non hai nada. Contan-nos o capítulo final dunha historia tráxica chea de golpes e vexacións e nós respostamos co siléncio.

Cando foi que nos convertemos en espectadores e espectadoras pasivas do sufrimento alleo? Cando perdemos a nosa dignidade? Miramos e non queremos ver, ouvimos e non queremos escoitar.

Vivimos nun mundo frívolo e insensível onde só nos preocupamos por facer manifestacións axustadas ao que chamamos o “politicamente correcto”. Deixamos para outras persoas o compromiso, o traballo transformador, o dar a cara e asumir riscos; xa nen as palabras, nen as imaxes espertan en nós un ápice de solidariedade.

Somos covardes e egoístas, lamentamos a violencia que padecen persoas alleas a nós, mas non facemos nada por acabar con ela. Hai moitos anos alguén dixo: “Deixa que te cambie o mundo, e poderás cambia-lo ti a el” Detente, fecha os ollos, respira e agora pensa. Non es ti quen recibe os golpes, non es ti quen pega, mas es ti quen consente día tras día que alguén maltrate e desprece outra persoa.

Se permitirmos calquera tipo de violencia sexista, debemos cargar na nosa conciencia coa responsabilidade das mortes por violencia de xénero. Respectar unha persoa maltratadora significa aceptar e lexitimar o que fai. Un xesto tan simple como o de non consentir actitudes machistas, e manifestar abertamente a nosa repulsa ante comentarios sexistas e condutas agresivas pode servir para quebrar e desfacer a filosofía de vida dos potenciais maltratadores que existan.

As mulleres que padecen violencia de xénero son nais, fillas, amigas, amantes, namoradas. Elas viviron, pensaron e sentiron igual que ti.

É normal que teñamos medo, e que en moitas ocasións precisemos agochar a cabeza ante a crueldade humana, mas de que vale? Se hoxe ti non te enfrontas, se hoxe ti non dis basta terá que ser a túa filla, o teu amigo ou a túa irmá a que teña que dar a cara.

Din que me queres

Querer tería que significar non sufrir, non depender, non atar. Pero, a comezos do século XXI, tras décadas de loita, homes e mulleres sentémonos “esposados” e “esposadas” cunhas alxemas que nos dirixen a unha forma de amar cruel e anti-natural. Por culpa de axentes socializadores como o cine ou a literatura, o concepto de romanticismo deformou-se, xurdindo un novo estereotipo vertebrador das nosas relacións amorosas. Actualmente, todo o mundo aspira a poder disfrutar dunha relación apaixonada e romántica, que sutilmente acaba escravizando a nosa identidade e liberdade.

En máis dunha ocasión, dixemos sentir unha paixón irrefreável que nos queimaba o peito, nalgún momento da nosa vida padecemos por unha persoa e non é a primeira vez que dramatizamos as nosas historias de amor para que sexan dignas de ser contadas.

Non debemos subestimar este padrón de conduta amorosa, xa que determina en moitas ocasións as nosas relacións de parella e, polo tanto, a nosa vida. Esta forma de concibir o amor, tan interiorizada por todas e todos nós, creouna o sistema patriarcal que domina a nosa sociedade, cando viu que a muller comezaba a liberarse do seu xugo. Antes era o matrimonio por conveniencia o que nos sometía, agora é o matrimonio por amor. Pero non calquera amor, é un amor que nos anula e domina, é un amor que nos impide ser nós.

Unha das graves consecuencias desta concepción machista do amor é a violéncia de xénero. Mentres non sexamos quen de mudar este estereotipo cultural que actualmente marca a moita xente nova, non seremos quen de acabar coas agresións sexistas. Para ser felices non temos que sufrir. É máis, para ser felices non precisamos amar eternamente, nin comprometernos para sempre. Aínda que intenten facer-nos pensar diferente, non é indispensável ter parella para ser unha persoa plena, e moito menos cando es maltratada.

Aprendamos a amar sen dramas e polo tanto, sen sexismo. Concibamos un novo romanticismo onde non sexa necesario sentir ciumes, nin tormentos, nin dependencia. As fantasías impostas son mitos inalcanzáveis que se nos dominan e poden arrastrarnos a un cárcere de barrotes invisíveis, onde hai unha persoa carcereira: ti mesma.

CENI, Comisión de Esquerda Nacionalista pola Igualdade.